%0 Book Section %T O funcionamento da rima no "Cancioneiro da Ajuda" publisher Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades %D 2005 %U 84-453-4060-3 %@ https://hdl.handle.net/20.500.14352/99719 %X Un cancioneiro inacabado, 310 textos sen nome de autor, que, polo seu carácter fragmentario, se adscriben a un único xénero, a cantiga de amor. Así se caracteriza sinteticamente, como é ben sabido, unha colectánea que remonta á propia época de produción dos textos, o último cuarto do século XIII, nun ámbito aínda por determinar (se ben moitos indicios apuntan á corte de Alfonso X como marco da súa elaboración)1 . Non obstante, aínda que as composicións incluídas no cancioneiro se adscriban ao grand chant courtois2 (ao pertencer a un xénero poético emparentado coa cansó occitana), a colección poética dista moito de ter un carácter homoxéneo ou uniforme: por moito que o compilador (ou compiladores) tentase sentar o canon desa modalidade poética, non faltan poemas que transgridan as normas daquela, como aqueles que a crítica adoita categorizar como escarnios de amor (pero que probablemente na propia época de produción dos textos os autores e receptores –entre estes, os compiladores das antoloxías poéticas– entendían como pertencentes ao xénero amoroso, como revela o feito de seren incluídos na sección das cantigas de amor neste e noutros cancioneiros), ou composicións que presentan interferencias coa cantiga de amigo (como sucede con algún dos textos de Pedr’ Eanes Solaz copiados nel). %~