%0 Journal Article %A Fernández Guiadanes, Antonio %A Pérez Barcala, Gerardo %T O (des)ensandecemento trobadoresco %D 2005 %@ 0210-377X %U https://hdl.handle.net/20.500.14352/99106 %X Este traballo busca establecer as claves da presentación discursiva dos termos "ensandecer" e "desensadecer" na lírica profana galego-portuguesa. Pase a que estas voces se relacionan co motivo da loucura amorosa, de verbarlización variada nos textos, o estudo (aínda que poida conter referencias a outros termos implicados na conceptualización do "topos") restrínxese particularmente ás palabras referidas, porque foi "ensandecer" o que serviu de base á creación de "desensandecer", que, coma o seu antónimo, constitúe unha alternativa léxica a "cobrar o sen", e ademais restrinxe as súas aparicións na literatura medieval ao "corpus" seleccionado. O traballo céntrase, pois, na plasmación poética destes termos co obxecto de trazar o seu desenvolvemento conceptual (no que mesmo chegan a xurdir parodias do motivo da loucura mamorosa e de determinar algunhas das posibles relacións entre textos). %~