"Livro de Tristan" e "Livro de Merlin". Estudio, edición, notas e glosario
Loading...
Official URL
Full text at PDC
Publication date
2001
Advisors (or tutors)
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Citation
Abstract
Recolle este volume a edición, paleográfica e crítica, dos fragmentos do “Livro de Tristan” galego e do “Livro de Merlin” portugués, ambos datados no século XIV. Consta dun “Estudio Introductorio” que dá conta do cultivo e difusión da “materia bretona” no occidente peninsular, e dunha análise literaria na que, partindo das fontes francesas, se tenta establece-la canle de transmisión dos “romans de oïl” polo noroeste ibérico. O estudio dos textos complétase cun elenco de personaxes e lugares mencionados nas narracións tristaniana e merlinesca, cunha nota lingüística e cun glosario de voces (aspectos, estes últimos, que axudan a situar xeográfica e cronoloxicamente as versións do “Tristan” e do “Merlin”)