O funcionamento da rima no "Cancioneiro da Ajuda"

Loading...
Thumbnail Image

Full text at PDC

Publication date

2005

Advisors (or tutors)

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Citations
Google Scholar

Citation

Abstract

Un cancioneiro inacabado, 310 textos sen nome de autor, que, polo seu carácter fragmentario, se adscriben a un único xénero, a cantiga de amor. Así se caracteriza sinteticamente, como é ben sabido, unha colectánea que remonta á propia época de produción dos textos, o último cuarto do século XIII, nun ámbito aínda por determinar (se ben moitos indicios apuntan á corte de Alfonso X como marco da súa elaboración)1 . Non obstante, aínda que as composicións incluídas no cancioneiro se adscriban ao grand chant courtois2 (ao pertencer a un xénero poético emparentado coa cansó occitana), a colección poética dista moito de ter un carácter homoxéneo ou uniforme: por moito que o compilador (ou compiladores) tentase sentar o canon desa modalidade poética, non faltan poemas que transgridan as normas daquela, como aqueles que a crítica adoita categorizar como escarnios de amor (pero que probablemente na propia época de produción dos textos os autores e receptores –entre estes, os compiladores das antoloxías poéticas– entendían como pertencentes ao xénero amoroso, como revela o feito de seren incluídos na sección das cantigas de amor neste e noutros cancioneiros), ou composicións que presentan interferencias coa cantiga de amigo (como sucede con algún dos textos de Pedr’ Eanes Solaz copiados nel).

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Description

UCM subjects

Keywords